Apartamento

Monte Tahúme

Para os que buscan o equilibrio perfecto entre comodidade e ambiente de acampada, Camping Las Dunas ofrece o Monte Tahúme, un apartamento con dous cuartos, salón, baño e cociña totalmente equipados.

Monte Tahúme está a escasos metros da zona de piscina do cámping e conta con xardín, terraza, asadeiro e mesa de pedra exterior de uso exclusivo para clientes do apartamento.

Conta tamén cunha praza de aparcamento valada a 5 metros da porta.